Praza públicaBlogs
Hoxe en Praza:

Dereitos e liberdades

Espazo centrado na análise e denuncia das prácticas vulneradoras de dereitos e liberdades
Sobre o blog  

Stop Israel Nuclear. Un millón de voces na ONU


O dia 1º de xuño, os colectivos agrupados sob o nome Stop Israel Nuclear lanzaron unha campaña de recollida de sinaturas en apoio dunha petición dirixida á Asemblea Xeral e o Consello de Seguridade das Nacións Unidas para que sexan tomadas as medidas necesarias a fin de conseguir que Israel abra as suas instalacións nucleares á inspecciónn da Axencia Internacional de Enerxía Atómica. A plataforma considera ser este un paso previo imprescindíbel para o establecemento dunha zona libre de armas nucleares e outras armas de destrución masiva no Oriente Medio.

Desde que en 1974 a ONU aprobara a Resolución 3263 (XXIX), instando o establecemento no Oriente Medio dunha zona libre de armamento nuclear e
outras armas de destrución masiva, foron numerosas as ocasiónns en que as
Nacións Unidas e outros organismos internacionais reiteraron o mesmo
chamamento e outras tantas as que fracasaron no seu propósito. A última,
en 2010, cando a Conferencia de Revisión do Tratado de Non Proliferación
Nuclear  (NPT) instou a convocatoria dunha conferencia en 2012 para pór en
marcha o proceso e a iniciativa foi, mais unha vez, boicotada por Israel e
os EUA.

Stop Israel Nuclear
pretende agora contribuir a que isto non volte acontecer e se dean os pasos necesarios para coñecer a real envergadura dos arsenais non declarados de Israel a fin de se tomaren as medidas precisas para eliminar a ameaza bélica que paira sobre a fráxil paz da zona.

A iniciativa civil fíxase como obxectivo conseguir un millón de sinaturas que serán entregadas á Asemblea Xeral e o Consello de Seguridade das Nacións Unidas.

Ver aqui o texto da petición.

Asinar aqui.